Sen identidade

Buenos Relatos

ARCADIO M.

Fitou mirando o mar calmo de finais de primavera. Estaba cristalino. Nunha foto abstracta ben poderían dicir que era do Caribe e non da brava Costa da Morte. «Ata o mar perdeu a súa identidade», balbuceu. Botou a andar polo paseo marítimo, polo que el mesmo loitara, lento, descansado, coa tranquilidade e o sosego que dan os anos ó lombo. E mentres cheiraba a café de bar rece n moído, razo aba na posibilidade de que non estivera ben feito. O paseo. Coméranlle a rompente ós cantís. Con razón a furia do mar inundaba todo aquilo nos días de bravo inverno. Se ó final… ¡Os vellos facían as cousas por algunha razón!

Sentou nun banco, á sombra dos edificios. E coa mirada naquel mar chan, cavilou en cando soñaba con ser pirata. Surcaría os mares na búsqueda dos tesouros perdidos, saquearía ós navíos da coroa e tería unha…

Ver o post original 313 mais palavras